Sarria

Feiras, festas e eventos

Eventos desde 27 Noviembre 2023 hasta 03 Diciembre 2023

  • Desde 02 Diciembre 2023 20:00 hasta 02 Diciembre 2023 22:00
    O tradicional concerto de Santa Cecilia ofrecido pola Banda de Música de Sarria tráenos este ano unha bonita novidade: estará dedicado ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o 3 de decembro co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. O concerto será presentado por Manuel Darriba, que, como sabedes, acaba de publicar "Pedro, o pìloto de gaivotas", dedicado non só ao seu fillo, senón a todas as persoas, pois todas somos, nun momento ou outro das nosas vidas, dependentes dos demais.
  • Desde 02 Diciembre 2023 11:30 hasta 03 Diciembre 2023 16:00
  • Desde 03 Diciembre 2023 20:00 hasta 03 Diciembre 2023 22:00
    En Rúa Marqués de Ugena, 27600 Sarria, Lugo, España Categorías: Cultura Etiquetas: teatro
    Nesta historia ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el. Con este fio argumental, abórdanse temas serios como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor, cun tono de humor. A intriga manterase ata o final. Autoría: Jordi Galcerán. Dirección: Patricia Neira. Elenco: 5 actrices e actores. Duración: 80 min. Comedia de acción. Público a partir de 14 anos.
5 1077 es 11-27-2023
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma