Etimoloxía de barbadelo
Do cognomen barbaltus créase o xenitivo barbatelli ou Barvatelli, que aparece epetido frecuantemente no Tumbo de Samos. Nunha donación de bens do 976 cítase a "ecclesia hic in Barvarello" e noutra de 1078 fala da basílica fundada "in loucom qui dicitur dommi Audilani, et modo nos dicimus dommi Barbatelli comprendía a Piniaria (a parroquia de Piñaira ) e Belante.
Sábese que existía unha antiga capela de Santa María de Barbadelo, situada preto do Campo da Feira de Sarria. Tamén na parroquia houbo dous mosteiros : o de Santiago, ao que pertence a ctual iglexa parroquial e a de San Martiño, que aínda lle dá nome a un lugar.
Etimoloxía dalgunha aldea da parroquia de Barbadelo
O nome de baxan ten a mesma orixe que o de Buxán, que procede á súa vez dun nome de persoa Busianus .
Miralde provén dun antropónomo gático Mirauldus, cun primeiro elemento mirus `famoso, célebre´ e unha form latinizada-aldus, do gótico waldan `gobernar `.
Rañoá, segundo Nicandro ares, é un diminutivo de Raña, unha *Raniolana `herdade pequena ´ propia do posuidor Ranius ou ´ declive no leito dun río; sitio raído ou arrasado pola acción erosiva das augas ´. Precisamente por esta aldea cruza o Río Barbadelo ou Celeiro.