Sarria

Sarria Sorrí

Sarria Sorrí é un evento cultural que trae a grandes estrelas do stand-up comedy para dinamizar acultura e economía da comarca lucense.

Trátase dun ciclo de funcións teatrais de comedia, organizado por Etiqueta Negra Producciones e co Concello de Sarria como patrocinador institucional. Nace tras o estado de alarma pola pandemia do COVID-19 coma unha aposta polo optimismo na entrada á nova normalidade, mais xa ten previsión de continuidade nos vindeiros anos.

A programación mestura grandes figuras da comedia nacional coma Leo Harlem, co que desfrutaremos dunha das súas poucas actuacións deste verán, ademais de Álex Clavero, Quique Matilla e Eva Soriano, con recoñecidos artistas galegos que ofrecerán monólogos no noso idioma coma David Amor, Oswaldo Digón e Alberte Montes; e o cómico emerxente Pablo Meixe.

Terá lugar do 18 de xullo ao 20 de agosto en emprazamentos clave do patrimonio cultural da vila como a Praza de Santa Mariña ou o antiguo campo de rugby no Parque de O Chanto. O Meigallo, será outro dos puntos neurálxicos da programación do ciclo.
O resultado é un evento cultural ao aire libre con tódalas medidas hixiénico-sanitarias pertinentes e os mellores humoristas para facernos ver que, a pesares dos problemas, na nova normalidade tamén se pode sorrir. Ademais, pretende contribuír á configuración dun fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico na nosa Comunidade, potenciando Sarria coma unha parada obrigada do Camiño de Santiago.
A iniciativa conta coa Xunta de Galicia, Galicia e Xacobeo 2021 coma entidades colaboradoras, así como con patrocinadores privados coma O Meigallo, A Travesía Dos Soños, O Casino, O Mar de Plata, Tucán, Parisien e Dosmar, entre outros. Grazas a estas aportacións, case tódolos espectáculos serán de balde, sendo igualmente precisa a reserva previa da entrada para controlar aforo.

PROGRAMACIÓN

18 de xullo.
Leo Harlem e Eva Soriano.
Lugar: Campo de Rugby, cercano ao Parque do Chanto.
Hora: 21h
Espectáculo de pago. Entradas dispoñibles aquí.

23 de xullo.
Álex Clavero e Quique Matilla.
Lugar: O Meigallo.
Hora: 21:30h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.

1 de agosto.
Pablo Meixe.
Lugar: Parque de Santa Mariña.
Hora: 22h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.

7 de agosto.
Alberte Montes.
Lugar: O Meigallo.
Hora: 22h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.

15 de agosto.
Oswaldo Digón.
Lugar: O Meigallo.
Hora: 22:30h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.

20 de agosto.
David Amor.
Lugar: Parque de Santa Mariña.
Hora: 21h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.

  pdf Mais información. (23.38 MB)

 Sarria Sorr Logos XuntaSarria Sorr Logos

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language