Sarria

Biblioteca Pública Municipal

A Biblioteca Pública Municipal "Camilo Gonsar" está albergada na Casa da Cultura de Sarria.

Fotografía de la Casa de la Cultura, donde está ubicada la Biblioteca Municipal

A primeira entrada no libro de rexistro da Biblioteca Pública Municipal de Sarria esta datada o 12 de xullo de 1973. Tratábase da “Enciclopedia da Cultura Española”, que formaba parte do lote fundacional que o Servizo Nacional da Lectura subministraba ás bibliotecas de nova creación.

Nun pleno municipal en 2008, por unanimidade, acordouse nomeala Biblioteca Pública Municipal "Camilo Gonsar", na honra do escritor e galeguista Camilo González Suárez-Llanos, nado en Sarria.

No mesmo ano, a nosa biblioteca uniuse á Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Na actualidade, no noso catálogo hai máis de 14000 libros e publicacións periódicas a disposición de toda a cidadanía. E todos os anos incorpóranse máis exemplares de libros e novidades editoriais a cargo do Concello de Sarria, de subvencións da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e de doazóns doutros organismos públicos e particulares.

No mes de outubro lévanse a cabo diversas actividades da promoción da lectura a través do programa “Ler conta moito”.

O horario habitual, de luns a venres é: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas.

Casa da Cultura
Rúa Marqués de Ugena, s/n
Teléfono 982530723
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language