O Concello de Sarria dispón dun Rexistro Electrónico Xeral, no que se fai o correspondente asento de todo documento que sexa presentado ou que se reciba en calquera órgano administrativo, Organismo público ou Entidade vinculado ou dependente a estes, e dunha oficina de asistencia en materia de rexistros na que se poden presentar de forma presencial os escritos e documentos dirixidos ao Concello de Sarria e ao resto das Administracións Públicas, na que se dixitalizarán os documentos presentados, devolvéndose os orixinais aos interesados, sen prexuízo de aqueles supostos nos que a norma determina a custodia pola Administración dos documentos presentados ou resulte obrigatoria a presentación de obxectos ou de documentos nun soporte específico non susceptíbel de dixitalización.