Sarria

Intervención

A intervención é a función pública de contabilidade e control interno da xestión económico-financeira do Concello.

A función de contabilidade comprende o desenrolo da contabilidade e do seguimento da execución presupostaria segundo as normas xerais e propias.

A función de control lévase a cabo mediante a función interventora, de control financeiro e de control de eficacia. 

  • No exercicio da función interventora, fiscalízanse os actos que dan lugar ao recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigacións, os ingresos e pagos, e a recadación, inversión e aplicación dos fondos públicos para que se axusten á normativa que se debe aplicar.
  • Por outra banda, a función de control financeiro comproba o funcionamento económico-financeiro dos servizos municipais, dos seus organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes.
  • Por último, o control de eficacia comproba de forma periódica o cumprimento dos obxectivos, a análise do custo de funcionamento e o rendemento dos servizos e inversións.

Tesoureria

Que é a Tesourería?

É o departamento do Concello no que se realiza o control, manexo e custodia dos fondos, valores e efectos do mesmo. O Servizo de Recaudación do Concello, baixo a dirección da Tesourería, encárgase da recadación dos tributos municipais e outros ingresos de dereito público.


Que funcións realiza?

  • Servizo de Caixa
  • Realización de todos os pagos do Concello
  • Xestión de cobro das autoliquidacións
  • Recadacións dos ingresos cuxa xestión directa non corresponde ao Servizo de Recadación do Concello
  • Xestión de avais e outras garantías que deban consignarse no Concello.

Servizos Económicos

Intervención

Contacto

Enderezo:
Rúa Maior 14
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono: 982 535 000 | Ext. 3019

DATOS FACTURACIÓN CONCELLO DE SARRIA

  • CONCELLO DE SARRIA
  • CIF- P2705700I
  • RÚA MAIOR Nº14 27600 SARRIA LUGO

CÓDIGOS FACTURACIÓN ELECTRÓNICA

  • CÓDIGO DIR3 AYUNTAMIENTO DE SARRIA L01270575 
  • OFICINA CONTABLE  LA0003531 - INTERVENCIÓN-CONTABILIDAD
  • ÓRGANO GESTOR  LA0003533 - ALCALDÍA
  • UNIDAD TRAMITADORA LA0003536 - INTERVENCIÓN-FACTURACIÓN

Formulario de contacto

Enviar un correo electrónico. Todos os campos con * son obrigatorios.
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language