Sarria

25 anos con Lois Pereiro

Este pasado luns fixo 25 anos do pasamento do poeta Lois Pereiro, que,  hai tamén dez anos, foi homenaxeado no día das Letras Galegas. Coincidindo con  estas  datas  o  Ateneo  Casino  de  Monforte  organizou  varios  actos.

Un deles é este acto expansivo que sobre a figura deste poeta vaise celebrar en varios puntos da xeografía galega o mesmo día e á mesma hora. En  Sarria  a  organización do acto corre a cargo da biblioteca Fiz Vergara Vilariño e de Radio Bolboreta do IES Gregorio Fernández.

Casa da Cultura.

Sábado, 5 de xuño ás 12:30h

Colabora: Concello de Sarria.

 

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language