II Edición do ciclo de humor Sarria Sorrí
O ciclo de humor SARRIA SORRÍ volverá a contar cos mellores humoristas do panorama nacional na vila lucense.
Comezará o 26 de Xuño coa actuación de Miguel Lago, o 23 de Xullo continúa con Brais Doval e Oswaldo Digón, contará o 8 de Agosto con Touriñán, David Amor, Álex Clavero e JJ Vaquero xuntos, e rematará con Luis Piedrahita o 14 de Agosto.
Ademais contará co espectáculo infantil de Pedro Brandariz.
As entradas que xa se poden adquirir, estarán dispoñibles para os shows por separado ou varios tipos de abonos con interesantes descontos. Os puntos de venda son Ataquilla.com , etiquetanegra.org ou no ESTANCO GALLEGO, O MEIGALLO e no CASINO.
"20 AÑOS FALTANDO" Miguel Lago.
26/06/2021 –21:30H – O Meigallo.
Máis de 200.000 espectadores viron a Miguel Lago na Gran Vía madrileña cos seus dous últimos espectáculos. Sen ningunha dúbida é un dos cómicos de moda. Con presenza diaria no programa de Risto Mejide, TODO ES MENTIRA, o seu humor acedo, sen complexos e xa coñecido polo pobo de Sarria, fará gozar aos seus fans.
Brais Doval e Oswaldo Digón.
23/07/2021 – 21:30H – O Meigallo.
A mocidade de Brais Doval choca coa súa desenvoltura diante das cámaras. Colaborador e reporteiro do programa da TVG MALICIA NOTICIAS, está chamado a ser o futuro do humor galego. Poderemos gozar da estrea do seu monólogo, e estamos seguros de que dentro duns anos, acordarémonos deste día.
Estará acompañado de Oswaldo Digón, un mozo veterano con centos de actuacións ás súas costas, e un dos cómicos mellor valorados na pasada edición do Sarria Sorrí. Sen dúbida, o padriño ideal para Brais.
“LECHAZO Á FEIRA” David Amor, Xosé A. Touriñán, JJ Vaquero e Álex Clavero.
08/08/2021 – 21:00H – Campo de Rugby.
Sen ningunha dúbida, o prato forte do festival, e un dos espectáculos de comedia máis exclusivos e difíciles de ver no panorama nacional. Única data en 2021. Con 100% de entradas vendidas en todas as súas actuacións, 4 dos cómicos máis demandados da actualidade, xuntos nun escenario nunha historia desternillante e chea de sorpresas que ninguén se debería perder. Un auténtico luxo poder ter a Touriñán, David Amor, JJ Vaquero e Álex Clavero xuntos nun espazo espectacular.
“STAND UP COMEDY” – Luis Piedrahita
14/08/2021 – 21:00h - Praza de Juan María López - Santa Mariña.
O Sarria Sorrí remata ao grande. Foi un auténtico encaixe de palillos conseguir un oco na axenda de Luís Piedrahita para visitar Sarria. Pero o polifacético cómico e mago coruñés, non quería deixar pasar esta oportunidade, de traer a un sitio tan especial como a Praza de Juan María López en Santa Mariña os monólogos e as sorpresas que lle fixeron ser un dos mellores espectáculos do ano na esixente Gran Vía de Madrid.
Outra noite chea de risas para despedir a segunda edición do Sarria Sorrí.
“CONTOS E OUTRAS ANDRÓMENAS” - Pedro Brandariz.
Espectáculo infantil DE BALDE.
14/08/2021 – 12:00H – Praza de Juan María López - Santa Mariña.
Actor, monologuista, clown, cómico….. Os adxectivos para definir a Pedro Brandariz esgótanse. Artista multidisciplinar, chega ao Sarria Sorrí para achegar o humor aos máis pequenos…. E non tan pequenos. Porque se algo quere deixar claro co seu espectáculo, é que vai gozar toda a familia.
Unha divertida sesión vermú, para gozar todos xuntos e gratuíta, á sombra da Igrexa de Santa Mariña.
Para más información www.etiquetanegra.org