Ultreia et Suseia 2023. Narrativa oral e Recuncho da Comedia.
Ultreia et Suseia celebrarase en Sarria entre o 16 de xullo e o 23 de agosto de 2023 cunha variada programación para todos os públicos e gustos.
Como podedes ver este ano as "camiñografías", paseos teatralziados pola historia de Sarria, serán dúas (17 e 24 de xullo) e teremos narración oral para adultos e para nenos en La Unión e no parque de O Chanto respectivamente, e un espectáculo para adolescentes dos coñecidos tik-tokers Pepe e Lucas na Casa da Cultura.
As actividades de pago serán o Recuncho da Comedia, con Danny-Boy Rivera, David Amor e Pablo Meixe, e os monólogos de Touriñán e Luis Piedrahita, todos eles no Meigallo.
Deixámosvos os carteis da programación de narrativa oral e de comedia.