Danza no Camiño Sarria. 19 de xullo. Praza da Vila.
O Certame Internacional de Coreografía Burgos & Nova York é, desde a súa creación en 2002, unha plataforma de proxección para a danza e as novas linguaxes do movemento.
Cada ano, acolle a coreógrafos e coreógrafas de todo o mundo e desenvolve un amplo programa de actividades comunitarias que aproximan a creación ao territorio e os públicos.
DANZA NO CAMIÑO propón unha relectura do patrimonio cultural e histórico a partir da selección de pezas inspiradas no Camiño de Santiago ao seu paso por Castela e León, Galicia
e País Vasco -e este ano como novidade por Logroño-.
En Sarria temos o privilexio de ser unha das tres localidades galegas onde poderemos asistir a este fermoso espectáculo. Será o día 19 de xullo na Praza da Vila.
Como o pasado ano, o público asistente poderá votar pola súa coreografía favorita.