Sarria

Second encabeza o cartel do quinto Verbena Fest

A banda murciana de indie-rock "Second" encabeza o cartel da quinta edición do Verbena Fest, que se celebrará o venres 4 e o sábado 5 de agosto na terraza O Meigallo de Sarria.

Na noite do venres están programadas as actuacións de "Los Naipes" e "Grande Osso", en colaboración coa segunda edición do festival "Sarria. Blues no Camiño". E na xornada do sábado, ademais do concerto de "Second", actuarán "Sexy Zebras", "The Rapants", "Kamikaze Helmets", "Duín", "Louband" e "Malenne".

As entradas, cun prezo de 25 euros, están a venda fisicamente no Meigallo e no Bar Cubano e on line no portal Evenbrite.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language