Sarria

Arrancan os "Mércores escénicos" coa obra "A galiña dos ovos de ouro"

Tras o aprazamento a semana pasada da función inaugural, mañá arrancan os "Mércores escénicos" de Sarria coa representación da obra de títeres "A galiña dos ovos de ouro", a cargo da compañía APP Creacións, a partir das 20.00 horas no Paseo do Malecón.

O espectáculo da danza e circo "Up2Down", que tivera que ser adiado por cuestións alleas ao concello, finalmente trasládase ao día 30 de agosto. Esta función de danza e circo contemporáneo, a cargo da compañía trasPediante, terá lugar o mércores 30 de agosto, ás 20.30 horas, no Paseo do Malecón.

Con anterioridade, o mércores 16 de agosto, ás 21.00 horas na Casa da Cultura, Pepe e Lucas representarán "Unha obra por escribir", coa que finalizará o ciclo "Ultreia et Suseia".

E o mércores 23 de agosto, ás 22.30 horas no Paseo do Malecón, a compañía Especialistas Hípica Celta mesturará técnicas de manipulación do lume, a maxia e o misterio no espectáculo "A lenda das meigas".

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language