Sarria

A mostra "Berces de vida", ata o 6 de outubro na Antiga Prisión Preventiva

A Oficina Municipal de Turismo de Sarria (Antiga Prisión Preventiva) acolle ata o día 6 de outubro a exposición "Berces de vida. De paseo polos bosques de España", organizada por Afundación, a Obra Social de ABANCA e Lunwerg Editores, coa colaboración do Concello de Sarria.

A mostra, comisariada polo premiado biólogo e divulgador Joaquín Araújo, consta de 26 fotografías e pode visitarse de luns a venres en horario de 9.15 a 14.00 horas (para outros horarios é preciso consultar nos teléfonos 982 530 068 e 982 535 000).

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language