Programación Marzo 2024.
O mes de marzo chega cargadiño de actividade para todos os gustos: exposicións de fotografía na Casa da Cultura (EXpocuir) e na antiga Prisión Preventiva (Anhelos).
Teatro: "María Pita. Conversas cunha heroína"(día 2); "Boa sorte, mala fama" (día 24) e "Valente e rebelde" (día 26).
Deporte: a carreira Xacorun (día 3) e Carreira da Muller (día 9).
Cine para adultos: "Nomaland" (día 3), "El año que dejamos de jugar" (día 17) e infantil "Encanto" (día 16).
Poesía: celebración do día da Poesía, día Eduardo Rey Moure (21 de marzo), con todos os centros educativos da comarca, e recital aberto de autoras (dia 7) .
Obradoiro de Arte colaborativa o 9..
Presentación do libro "Los zapatos del lobo", da sarriá Sonia Arias López, o 15.
Celebraremos o Día Internacional da Mulle, ademáis de coa carreira, coa lectura do manifesto o día 8 e o 10 teremos un Concerto pola Muller coa Banda Comarcal e Nerea Iglesias e Olalla Losada.
Disfrutaremos ademáis de dous eventos fantásticos o mesmo día 16: a IX Xuntanza de Palilleiras do Camiño de Santiago e a VIII dos Cantos de Taberna.