Día Internacional do Orgullo LGTBI 2024
O día 28 de xuño, como cada ano desde 1970, é o día Internacional do Orgullo LGTBI. O concello de Sarria súmase á celebración na reivindicación do dereito a vivir a nosa sexualidade con liberdade e a diversidade sexual.
ÁS 13:00 horas, na Praza da Constitución, a Concelleira de Políticas Sociais e Igualdade, Ana Isabel Vergara López, leerá o manifesto.
Recordámosvos que desde xullo de 2023 o Ministerio de Igualdade puxo en marcha o Servizo 028 Arcoiris, de información e atención integral en materia de dereitos LGTBI, servizo telefónico no que obter información, asesoramento xurídico e atención psicosocial inmediata e especializada frente a todas a as formas de LGTBIfobia. É un servizo telefónico, gratuito, e confidencial e funciona as 24 horas dos 365 días do ano.