Executadas as obras de abastecemento de auga potable en Vilaesteva
No lugar de Vilaesteva da parroquia de San Pedro Froián reamatáronse as obras de execución do proxecto de abastecemento de auga potable.
Con motivo desta importante mellora e tras a cesión de terreos polos vecinos, estes e personal do concello coa maquinaria precisa executaron as obras de mellora dos accesos e rúas de Vilaesteva.
A colaboración público privada é un pilar fundamental da nova gobernanza, e o noso concello non é unha excepxión. Os concellos non teñen os recursos necesarios para acometer todas as obras necesarias no territorio, de ahí a importancia da colaboración veciñal.
Ben pola veciñanza de Vilaesteva!