Sarria

Os clubs deportivos xa poden solicitar as instalacións municipais

A Concellaría de Deportes de Sarria acaba de abrir o prazo para que os clubs poidan solicitar a utilización das instalacións deportivas municipais para a tempada 2023/24 coa finalidade de poder organizar e coordinar un calendario común con suficiente antelación.

A instancia para formalizar a solicitude pódese obter presencialmente no Rexistro Xeral do concello ou telematicamente a través da Sede Electrónica (www.sarria.sedelectronica.es) e o prazo límite de presentación será o vindeiro día 7 de agosto.

Ademais dos datos de contacto, os clubs interesados na utilización das instalacións municipais deben achegar a seguinte información e documentación: preferencias horarias para os adestramentos, número de deportistas participando en competicións, número de licenzas federativas en deporte feminino (na tempada anterior), número de licenzas federativas de menores de idade ou deporte de base (na tempada anterior), número de licenzas de persoas que practiquen deporte adaptado (na tempada anterior), cifra de asociados/as, categorías deportivas existentes e antigüidade do club solicitante.

Ademais, tamén deberán presentar un documento acreditativo da inscrición do club no Rexistro de Entidades Deportivas, un certificado do secretario acreditando que os/as deportistas representan a un club federado no Concello de Sarria -incluíndo unha lista nominal dos/as deportistas que especifique a data de nacemento e a categoría na que compiten- e un compromiso asinado polo club ou entidade deportiva comprometéndose a acatar as normas establecidas polo Concello de Sarria para o bo desenvolvemento das actividades. No caso de disciplinas nas que participen menores, tamén deberán achegar unha declaración responsable asinada polo secretario indicando que todos/as os/as monitores/as e adestradores/as contan co certificado negativo emitido polo Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language