Sarria

Acción Cultural dinamizará o mes de agosto cos "Mércores Escénicos"

A Concellaría de Acción Cultural dinamizará os primeiros catro mércores do mes de agosto co programa "Mércores Escénicos", que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia e que incluirá actividades de danza, circo, teatro e títeres.

O primeiro espectáculo, a obra de danza e circo contemporáneo "Up2Down", da compañía trasPediante, terá lugar o mércores 2 de agosto, ás 20.30 horas, no Paseo do Malecón. O seguinte mércores, día 9 de agosto, tamén no Paseo do Malecón, pero ás 20.00 horas, a compañía APP Creacións representará cos seus títeres "A galiña dos ovos de ouro". Xa o mércores 16 de agosto, ás 21.00 horas na Casa da Cultura, Pepe e Lucas representarán "Unha obra por escribir", coa que finalizará o ciclo "Ultreia et Suseia". E o mércores 23 de agosto, ás 22.30 horas no Paseo do Malecón, a compañía Especialistas Hípica Celta mesturará técnicas de manipulación do lume, a maxia e o misterio no espectáculo "A lenda das meigas".

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language