Sarria

A Noite Meiga inclúe un concerto de Luar na Lubre o día 25

Representantes do Concello de Sarria, da Deputación de Lugo, da asociación cultural Meigas e Trasgos e do Meigallo presentaron oficialmente esta tarde a programación da nova edición da Noite Meiga, que inclúe un total de once actividades na fin de semana do 25 ao 27 de agosto.

O venres 25 ás 21.00 horas dará comezo a celebración cunha andaina con fachos desde o Campo do Río ata o Parque do Chanto, dando paso a continuación, ás 22.30 horas, ao concerto de Luar na Lubre.

Na xornada do sábado 26, ás 18.30 horas está programado un pasarrúas de Meigas e Trasgos e a Asociación Cultural Castro Floxo, de Ourense, desde Catro Camiños / Boulevard ata o Lar Social. A continuación, terá lugar a lectura do pregón a cargo do director da Banda de Música de Sarria, José Antonio González, e a entrega de distincións, antes dunha nova actuación de Meigas e Trasgos e da A.C. Castro Floxo, ás 21.00 horas. Para unha hora máis tarde está programada a cea da Noite Meiga, que rematará con queimada e que dará paso á Danza da Noite Meiga (1.00 horas) e á actuación de Louband Street (1.30 horas).

Xa na xornada do domingo, para as 14.00 horas está programada a Festa da Empanada e para ás 18.00 horas a actuación infantil de Pablísimo.

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language