Xornada demostrativa sobre ciberseguridade e seguridade industrial
A Oficina Acelera Pyme Asime Lugo organiza este xoves no Hotel Restaurante Roma, de 10.00 a 12.30 horas, unha xornada demostrativa sobre ciberseguridade e seguridade industrial dirixida a pemes, autónomos e emprendedores, así como a calquera outra persoa interesada.
Trátase dunha actividade gratuíta que impartirá Inycom e que busca formar ás persoas asistentes sobre como afrontar as vulnerabilidades en materia de seguridade, como descubrir os riscos nos sistemas e como actuar ante eles.