Sarria

700 deportistas participarán o domingo na Pretorian Race Sarria Xtreme

Sarria acollerá o vindeiro domingo, día 15 de outubro, a terceira edición da Pretorian Race Sarria Xtreme, proba de superación física e habilidade que reunirá a máis de 700 participantes que competirán por superar os máis de 35 obstáculos naturais e artificiais distribuídos nun percorrido de sete quilómetros.

Na presentación da proba, promovida polo club Pretorianos, participaron onte xunto cos representantes da organización o alcalde, Claudio Garrido; o concelleiro de Deportes, Félix Seijas; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias.

O percorrido da proba comezará e rematará no campo de rugby e pasará por distintos puntos da vila, como o paseo do Malecón, a Rúa Maior, a contorna da Ribela e a ruta das Aceas, entre outros puntos. Todos os afeccionados que o desexen poderán seguir as distintas mangas da competición desde as 10.30 horas ata arredor das 13.30 horas, aproximadamente.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language