Sarria

Sarria volverá ser protagonista do Rallye San Froilán o sábado 21

A vila de Sarria volverá ser protagonista do Rallye San Froilán ao acoller o sábado 21 de outubro o reagrupamento dos participantes na Rúa da Liberdade entre as 16.00 e as 21.30 horas.

Así o confirmou hoxe o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, tras asistir esta mañá en Lugo á presentación da proba, que se disputará os vindeiros días 20, 21 e 22 de outubro.

Ademais, o edil de Deportes anunciou que este domingo, ás 18.00 horas, está programada na Praza da Vila a presentación de gran parte dos 17 equipos da escudería Sarria Motor que figuran na lista de inscritos.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language