Sara Vila e Fermín López, gañadores do sorteo de fidelización do teatro
Sara Vila e Fermín López foron as dúas persoas que resultaron agraciadas no sorteo da iniciativa de fidelización por asistir a un mínimo de catro obras da II Mostra de Teatro Iván Tourón Morais.
En ambos casos, os gañadores elixiron como premio a subscrición gratuíta para dúas persoas durante tres meses ao Centro Deportivo e de Saúde Sarria. Os concelleiros de Acción Cultural, César No, e Deportes, Félix Seijas, foron os encargados de entregar os premios e tamén anunciaron que esta iniciativa de fidelización volverá repetirse tras o éxito desta primeira experiencia, posto que foron 70 as persoas que asistiron a catro ou máis obras do citado ciclo.