II Edición dos Cantos pequenos de taberna.

O próximo 6 de abril, sábado, a partir das 18:00 horas, teremos a Ruada por Sarria e o percorrido polas tabernas do Paseo do Malecón dos Cantos Pequenos de Taberna.
Esta edición rematará coa actuación de Brais das Hortas en "Consertasso na horta"
Tras o éxito da I Edición dos Cantos Pequenos de Taberna, este ano a Asociación Cultural Peleriños e a Aula de Música Tradicional do concello de O Incio terán compañía coa incorporación da Asociación Cultural Val de Láncara.
Agardamos que todos as pequenas cantareiras e pequenos cantareiros da comarca poidan estar presentes nas próximas edicións.