Sarria

Ruta literaria DESFEITA. Presentación.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Celebraremos este fermoso día coa presentación da primeira ruta literaria sarriá “DESFEITA” de Camilo Gonsar. Será na Casa da Cultura, ás 19:30 horas.

Acompañarannos Silvia Mondelo, guía turística de Sarria e a encargada da realización da narración e os contidos, Clara Gonsar, filla de Camilo Gonsar e César No, Concelleiro de Acción Cultural.

O proxecto que foi creado por Rubén Grilo, artista internacional e encargado tamén da parte plástica, coa colaboración de Antón Fortes, creador do itinerario literario e Maria Ramos, diseñadora da tipografía de Desfeita, inaugurarase oficialmente o vindeiro domingo 28 de abril.

Por outra banda, a audioguía será inaugurada no mes de maio para o disfrute permanente de todos os veciños e visitantes da nosa vila. 

Para esta audioguía contouse tamén coa inestimable axuda de Iñaki López, Gonzalo Ariel e Hernan Gabriel, creadores do espazo sonoro.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language