Sarria

Dende os comenzos

A historia de Sarria, aínda que é difícil de establecer, remóntase a época neolítica pola constancia de xacementos arqueolóxicos como enterramentos megalíticos, datados do século VI a.C e nos que podemos ver túmulos, mámoas, medorras (pequenos montóns de terra nas que se enterraban abaixo os restos ) menhires ou dolmens, estruturas megalíticas de época neolítica caracterizadas pola presenza de dous grandes pedras verticais e unha horizontal facendo de tellado, cunha función funeraria. Deste tipo de xacementos, os dolmens, conservamos restos en Arxemil ou Vilamaior, e tamén podemos atopar, desta misma época, grabados en rocas en Maside e Barbadelo.

Datarían desta época, finais da Época do Ferro, asentamentos prerromanos, os castros, poboados defensivos situados nos lugares estratéxicos compostos por vivendas redondas de pedra e teito vexetal que posteriormente foron romanizados e algúns perduraron ata a Idade Media. Atopamos castros en municipios sarriáns coma o de Vilapedre, Betote ou Maside. O proxecto arqueolóxico Val do Sarria – Val do Mao deu lugar ao descubrimento en Sarria de 43 mámoas catalogadas no Monte de Santa Mariña, xunto con petróglifos.  

A maior parte das especulacións sobre os poboadores prerrománs da actual comarca de Sarria non teñen xustificación documental, aínda que se sabe que os "seburros" citados por Diego Pazos farían referencia aos "seurri" mencionados por Ptolomeo, quen os situaba ao sur de Lugo. 

 

 

 

A aparición de cerámica sigillata, cerámica de cor vermello brillante característica da romanización, xunto con moedas romanas atopadas nos castros de Seteventos, Vilapedre e A Margarita en Samos, mostran a poboación castrexa da comarca durante a romanización tardía do Noroeste peninsular. A Sarria romana está vinculada á hexemonía da cidade de Lucus Augusti que enlazaba a través do noso territorio con Castro Dactonio, a actual Monforte de Lemos. Excavacións arqueolóxicas revelaron a presenza romá de dúas vilas románs localizadas en Vilar de Sarria e San Antolín, e tamén atopouse unha estela funeraria procedente da primeira vila que está actualmente exposta no Museo de Pontevedra. 

No ano 460 os suevos poboan estas terras, concentrándose nas terras do Cebreiro, Valcarce e Courel, comprendendo a zona dende o Neira ata o río Sil. Os suevos eran o pobo xermánico que dominou este territorio 200 anos, ata o asentamento visigodo. En canto a conquista musulmá, a diferenza da importancia que tiveron no resto da Península, dicir que practicamente non perpetuaron nestas terras, xa que non atopamos case rastros arquitectónicos nin topónimos locais.

 

 

 

 

      A medio Camiño

      O pasado máis presente

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language