Antigüidades
A vila de Sarria concentra un elevado número de anticuarios que, ademais, realizan labores de restauración, razón pola que a rúa do Porvir, máis coñecida actualmente como “rúa dos Anticuarios”, converteuse nun espazo de visita obrigada para que busca pezas singulares de moble rústico, de estilo, e colonial; apeiros e utensilios varios, pezas etnográficas e obras artísticas de todas as épocas.
Como herdeira da secular Feira de Lázaro e no seu mesmo espazo físico, os anticuarios sarriaos organizan na primeira fin de semana de abril unha “Feiras de antigüidades e restauración”, moi concorrida, que dalgunha maneira serviu para que Sarria se colocase en Galicia como a capital do moble antiga.
A constante presenza de anticuarios sarriaos levou a que, na procura dunha maior proxección, se incluíse esta mostra nas programacións da Eurorrexión, dándolle así unha proxección internacional, complementada coa organización de cursos e actividades que atenden á mellor formación de profesionais do sector.