Sarria

Plan de Hostalería Segura da Xunta de Galicia. Código QR e datos de aforo nos establecementos turísticos de Galicia.

A partires deste venres será obrigatorio que os establecementos de hostalería teñan nun lugar visible cartel informativo sobre o aforo que inclúa o código QR do local.

A través de do espazo web Turespazo da Xunta de Galicia, os propietarios dos establecementos turísticos deben descargar os carteis que están obrigados a colocar nun lugar visible do acceso ao establecemento a partir deste venres. Neles deberá constar a capacidade máxima do local, a porcentaxe de uso e a capacidade máxima permitida en función das normativas sanitarias vixentes, tanto no que atinxe ao interior coma no exterior do local. O enlace á ferramenta e o seguinte: https://turespazo.turismo.gal/es

Nesta mesma web cada propietario tamén xerará o código QR do seu establecemento, que calquera usuario poderá escanear a través da aplicación PassCovid, rexistrando así a súa visita ao establecemento, de maneira opcional, pero colaborando con esta acción na rastrexabilidade dos posibles gromos que se poidan producir.

Ademais no espazo https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura os hostaleiros poderán atopar guías para resolver problemas de acceso.

marca cor xunta de galicia webxacobeo color original webmarca galicia web

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language