O pasado máis presente
O descenso das peregrinacións a Compostela trouxo un largo período de decadencia para a vila. No século XVIII Sarria contaba soamente con setenta casas na vila e uns poucos comercios (taberna, obrador de velas de sebo, unha carnicería e unha abacería, tenda o almacén onde vendíanse ao por menor aceite, vinagre, augardente, bacallau, legumes secas, etc) A suma de todas as parroquias non reunía máis de 350 persoas.
En 1794 créase a Escola de Primeiras Letras con cargo as rentas do Hospital de San Antón. Amplíase a xurisdicción de Sarria, abarcando os Partidos de Andaduría, A Veiga, Ferreiros, Sobre da Riba, Froián e Lobataira.
No século XIX durante a invasión francesa hai un saqueo de igrexas. Tamén esixen gran e diñeiro. A creación do Concello Constitucional e o Partido Xudicial de Sarria no 1820 supoñen unha gran modificación do réxime administrativo.
La Desamortización de Mendizábal (1836 – 1837), na que se expropiaban bens eclesiásticos para emendar as arcas do Estados, traerá como consecuencia a desaparición da vida comunitaria no Mosteiro da Magdalena (a poxa de rendas e terras dos mosteiros, foron maioritariamente adquiridas pola burguesía emerxente).
As guerras carlistas tiveron unha forte incidencia na comarca de Sarria, xa que esta zona foi unha das que tivo presenza de partidas, en especial a do chamado «Souto de Remesar». Chegouse a declarar o estado de guerra en novembro do 1839. As guerras carlistas foron unha serie de contendas civís que tiveron lugar en España ao largo do século XIX. Aínda que a principal razón da loita foi a disputa polo trono (Fernando VII – Carlos María Isidro), tamén representaron o choque de ideoloxías políticas da época. Os carlistas – que loitaban baixo o lema Deus, Patria, Rei - encarnaron a oposición máis reaccionaria ao liberalismo, defendendo a monarquía tradicional absolutista, o catolicismo conservador e o foralismo. Xeográficamente, os seus partidarios predominaron na metade norte de España, especialmente no País Vasco e Navarra - os seus focos máis importante -, o norte de Cataluña e o Maestrazgo, entre Teruel e Castellón. Aínda que Sarria estaba fora do foco principal de incidencia, foi das zonas galegas con máis presenza carlista.
A apertura da estrada de Lugo a Valdeorras, cara o 1850, e a chegada do ferrocarril no 1880, supuxeron un gran impulso para o desenvolvemento da comarca, potenciando o comercio e a saída dos produtos naturais. A vila expándese pola veiga e nacen novos barrios (San Lázaro, A Estación, As Casetas...), nos que se asentas preferentemente xentes foráneas que establecen almacéns e pequenas industrias. Sarria experimenta un importante crecemento económico e urbanístico, mellóranse as comunicacións e este feito permete mellorar considerablemente a vida económica e comercial do entorno da comarca.
No 1885 inaugurouse a nova igrexa de Santa Mariña, e no 1896 instaláronse en Sarria os Padres Mercedarios os cales inauguraron as Escolas Públicas, doazón do filántropo sarriá don Matías López. A súa viúva Marquesa de Casa López, crea o Hospital Municipal, no Campo de Outeiro, inaugurado no 1909.
A actividade comercial e industrial da vila va en aumento, e a principios do século XX xa alcanzaba unha poboación de 1500 habitantes. Ábrense novas rúas e empézanse a exportar produtos, sobre todo os relacionados co gando (como carne e chourizos), e ca labor agricultura, (ca venda de patacas ou castañas). En 1915 chegará a electricidade a Sarria, e pouco despois a traída de augas.
Os períodos da Ditadura de Primo de Rivera e a II República traerán consigo o aumento de escolas, estradas e a urbanización da vila. Dicir que a Guerra Civil (1936 – 1939) tivo incidencias directas en Sarria xa que é a partir dos anos 40 cando hai un declive poboacional debido á migración de sarriáns a outros puntos do país. Mentres que a finais do século XIX e principios do XX América era o destino que máis frecuentaban, nos anos 50, países europeos coma Suíza ou Francia, ou territorios coma Catalunya ou Madrid, foron os novos fogares de moitos sarriáns que buscaron unha prosperidade económica.
A partir dos anos 60, a factoría de cementos de O Oural marcou o inicio dun proceso industrializador, apoiado na construción e na industria dos mobles, que xunto co regreso de emigrados fixo despegar a economía sarriana a partir dos 70 e 80, cun proceso do mesmo xeito de modernización do sector agrícola e gandeiro.
A posta en funcionamento de novos centros de ensinanza coma os Escolas Públicas en Sarria e Oural, o Colexio da Asunción ou ó da Merced, e os Institutos de Bacherelato e FP, xunto cas dotacións de Residencia de Anciáns e un Centro de Diminuídos Psíquicos, e equipamentos de ocio e deportivos, farán que Sarria creza e se converta, de novo, nese centro neurálxico e dinamizador de servizos.