Sarria

Sobre Sarria

Sobre Sarria

Dende os comenzos

A historia de Sarria, aínda que é difícil de establecer, remóntase a época neolítica pola constancia de xacementos arqueolóxicos como enterramentos megalíticos, datados do século VI a.C e nos que podemos ver túmulos, mámoas, medorras (pequenos montóns de terra nas que se enterraban abaixo os restos ) menhires ou dolmens, estruturas megalíticas de época neolítica caracterizadas pola presenza de dous grandes pedras verticais e unha horizontal facendo de tellado, cunha función funeraria. Deste tipo de xacementos, os dolmens, conservamos restos en Arxemil ou Vilamaior, e tamén podemos atopar, desta misma época, grabados en rocas en Maside e Barbadelo.

Datarían desta época, finais da Época do Ferro, asentamentos prerromanos, os castros, poboados defensivos situados nos lugares estratéxicos compostos por vivendas redondas de pedra e teito vexetal que posteriormente foron romanizados e algúns perduraron ata a Idade Media. Atopamos castros en municipios sarriáns coma o de Vilapedre, Betote ou Maside. O proxecto arqueolóxico Val do Sarria – Val do Mao deu lugar ao descubrimento en Sarria de 43 mámoas catalogadas no Monte de Santa Mariña, xunto con petróglifos.  

A maior parte das especulacións sobre os poboadores prerrománs da actual comarca de Sarria non teñen xustificación documental, aínda que se sabe que os "seburros" citados por Diego Pazos farían referencia aos "seurri" mencionados por Ptolomeo, quen os situaba ao sur de Lugo. 

 

 

 

A aparición de cerámica sigillata, cerámica de cor vermello brillante característica da romanización, xunto con moedas romanas atopadas nos castros de Seteventos, Vilapedre e A Margarita en Samos, mostran a poboación castrexa da comarca durante a romanización tardía do Noroeste peninsular. A Sarria romana está vinculada á hexemonía da cidade de Lucus Augusti que enlazaba a través do noso territorio con Castro Dactonio, a actual Monforte de Lemos. Excavacións arqueolóxicas revelaron a presenza romá de dúas vilas románs localizadas en Vilar de Sarria e San Antolín, e tamén atopouse unha estela funeraria procedente da primeira vila que está actualmente exposta no Museo de Pontevedra. 

No ano 460 os suevos poboan estas terras, concentrándose nas terras do Cebreiro, Valcarce e Courel, comprendendo a zona dende o Neira ata o río Sil. Os suevos eran o pobo xermánico que dominou este territorio 200 anos, ata o asentamento visigodo. En canto a conquista musulmá, a diferenza da importancia que tiveron no resto da Península, dicir que practicamente non perpetuaron nestas terras, xa que non atopamos case rastros arquitectónicos nin topónimos locais.

 

 

 

 

      A medio Camiño

      O pasado máis presente

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Historia de Sarria

Sarria recibiu o seu nome do río que baña a súa fértil veiga. É cabeceira histórica dunha extensa e fértil comarca de case 1.000 km² chamada Terras de Sarria, está formada por 51 parroquias e ten case 14.000 habitantes.
A historia de Sarria, aínda que é difícil de establecer, remóntase a época neolítica pola constancia de xacementos arqueolóxicos como enterramentos megalíticos, datados do século VI a.C e nos que podemos ver túmulos ou mámoas e medorras (pequenos montóns de terra nas que se enterraban abaixo os restos ) ou dolmens e menhires. Atopamos tamén gravados en rocas en Maside e Barbadelo, e dolmenes en Arxemil ou Vilamaior. 

Datarían desta época, finais da Época do Ferro, asentamentos prerromanos, os castros, poboados defensivos situados nos lugares estratéxicos compostos por vivendas redondas de pedra e teito vexetal que posteriormente foron romanizados e algúns perduraron ata a Idade Media. Atopamos castros en municipios sarriáns coma o de Vilapedre, Betote ou Maside. O proxecto arqueolóxico Val do Sarria – Val do Mao deu lugar ao descubrimento en Sarria de 43 mámoas catalogadas no Monte de Santa Mariña, xunto con petróglifos.
A presenza romana en Sarria é evidente ca aparición da aparición de cerámica sigillata, cerámica típica romana de cor vermello brillante, e moedas romanas atopadas nos castros como o de Seteventos ou Vilapedre. A Sarria romana está vinculada a hexemonía da cidade de Lucus Augusti, a cal enlazaba a través do noso territorio con Castro Dactonio, a actual Monforte de Lemos. Escavacións arqueolóxicas revelaron a presenza romana de dúas vilas romanas localizadas en Vilar de Sarria e San Antolín, e tamén atopouse unha estela funerario procedente da primeira vila que está actualmente exposta no Museo de Pontevedra.


No ano 460 os suevos poboan estas terras, concentrándose nas terras do Cebreiro, Valcarce e Courel, comprendendo a zona dende o Neira ata o río Sil. Os suevos eran o pobo xermánico que dominou este territorio 200 anos, ata o asentamento visigodo. En canto a conquista musulmá, a diferenza da importancia que tiveron no resto da Península, dicir que practicamente non perpetuaron nestas terras, xa que non atopamos case rastros arquitectónicos nin topónimos locais.
No primeiro período medieval consolídase o Condado de Sarria, e é que a partir do século X vincúlase á vila o título de “Comes in Sarria”, Condes de Sarria.Neste período é cando se producen as primeiras peregrinacións a Santiago polo Camiño Francés. É tamén neste século cando Gutiérrez Ruiz de Castro adquire o señorío de Lemos e Samos ao casarse con Elvira Osorio, e é tamén neste momento cando fúndase a Fortaleza de Sarria, a cal explicaremos posteriormente.
A raíz do descubrimento do Apóstol comezou o gran movemento de peregrinación a Compostela, Alfonso IX ou Enrique II, rei de Castela, estiveron en Sarria facendo parada mentres chegaban á cidade de Santiago. Dicir que o Camiño Francés remóntase ao século IX, e é unha das tres grandes rutas da cristiandade xunto cos romeiros a Roma, os palmeiros a Xerusalén e a santiaguera ou compostelá, a do Camiño de Santiago. Esas peregrinacións reforzaban a fe cristiá nun momento de asedio musulmá. 

O Camiño de Santiago é o motor polo que xorden hospitais, ermidas, pontes e mesóns. Dicir que se documentan ata once hospitais no que hoxe é o Concello de Sarria, nove dos cales estaban en pleno Camiño.
Nesta época tamén e cando aflora a construcción de mosteiros de importancia como o de Santo Antoniño de Sarria, o de Santo Estevo de Calvor, todos baixo tutela do Mosteiro de Samos. Iso fixo que houbera unha maior explotación de terras e cultivos, facendo crecer a vila de Sarria.
En parroquias sarriás como Louseiro e Froián existían posesións señoriais vinculadas aos reis, é dicir, a riqueza desta vila estendíase por toda a comarca.
A finais do século XII fundouse Vilanova de Sarria grazas a carta poboa que lle deu Alfonso IX, rei de Galiza e León. Sinalar que Alfonso IX morrería en Sarria o día 24 de Setiembre de 1230, vítima dunha grave doenza que lle sorprendeu cando peregrinaba á tumba do Apóstol para dar grazas pola reconquista da cidade de Mérida. Na sucesión do reinado, as terras de Galiza, León e Castela unifícanse baixo o mandato de Fernando III o Santo, motivo polo que nunca volveron batallar entre elas.
No ano 1280, durante o reinado de Alfonso X(1252-1284), Sarria xa ten completada a estrutura da vila, contando con dúas igrexas como eran San Salvador e Santa Mariña a antiga, o mosteiro da Magdalena, e as ermidas de Santiago do Mercado e Santa María de Barbadelo.
A vila convértese en feudo cando o Rei Pedro I lle concede a don Fernando de Castro as Pobras de Sarria en 1360. A Pobra de Sarria, A Pobra de San Xillao, A Pobra de Adai, A Pobra de Neira de Susao e a Pobra de Triacastela. Para gobernalas créase en Sarria un «merino maior» e «merinos subalternos» en cada unha das ditas pobras. No ano 1366 vincularanse co Condado de Lemos pasando a ter carácter hereditario. A influenza do condado crece ao ter xurisdición sobre as coñecidas como "Cinco Pobras". Dende o século XV, que se lle concede a Don Pedro que se le concede a Don Pedro Álvarez Osorio o título de conde de Lemos, a historia de Sarria estará vinculada a esta dinastía hereditaria.
Debido a súa importancia política, en Sarria construirase unha fortaleza, e en terras dos arredores atopamos castelos documentados como o de Castelo dos Infantes ou o de Louseiro, lugares dende os cales señoreaban familias fidalgas, donas de pequenas xurisdicións.
A Primeira Revolta Irmandiña non afectou directamente nas estruturas da vila de Sarria, mentres que na segunda, coñecida como a Gran Revolta Irmandiña, si que tivo incidencia directa nestas terras, igual que pasou no resto do territorio galego. Galicia era territorio de grandes señores, a maioría pertencentes á nobreza castelá, e numerosos campesiños.
En 1431 iniciouse unha revolta nas comarcas de Betanzos e Pontedeume contra o señor de Andrade. Acabouse cunha rebelión pero no 1467 estalou a Gran Guerra Irmandiña, que durou dous anos. Despois de anos de malas colleitas, pestes e maltrato señorial, diferentes grupos sociais, dende campesiños a xentes de cidade, baixa nobreza e ata baixo clero (hai constancia de axuda económica), alzáronse contra o poder señorial.
Os liñaxes de Lemos, Andrade e Moscoso foron os máis afectados debido ao poder que ostentaban, xa que eran o principal obxectivo da revolta. Nun primeiro momento, parte da nobreza que sufriu a ira dos irmandiños fuxiu a Portugal ou Castela.
En 1469 Pedro Madruga, nobre, iniciou un ataque dende Portugal co apoio de nobres e o arcebispo de Santiago de Compostela. As tropas feudais, con mellor maquinaria de guerras (as tropas feudais de Pedro Madruga empregaban modernos arcabuces), venceron aos irmandiños e mataron as súas líderes, sempre apoiados polos reis de Castela e Portugal, aproveitándose da división das forzas irmandiñas. Tanto a Guerra, ca destrución da Fortaleza de Sarria, coma a vitoria posterior dos nobres, caracterizada pola reconstrución de castelos e fortalezas, afectaron a estas terras.
No ano 1503 Don Fernando de Castro é nomeado Marqués de Sarria polos Reis Católicos. Don Dionís de Castro funda a finais do século XVI o Hospital de Santo Antón, para a atención de peregrinos que volvían de Santiago.


O descenso das peregrinacións a Compostela trouxo un largo período de decadencia para a vila. No século XVIII Sarria contaba soamente con setenta casas na vila e uns poucos comercios (taberna, obrador de velas de sebo, unha carnicería e unha abacería, tenda o almacén onde vendíanse ao por menor aceite, vinagre, augardente, bacallau, legumes secas, etc) A suma de todas as parroquias non reunía máis de 350 persoas.
En 1794 créase a Escola de Primeiras Letras con cargo as rentas do Hospital de San Antón. Amplíase a xurisdicción de Sarria, abarcando os Partidos de Andaduría, A Veiga, Ferreiros, Sobre da Riba, Froián e Lobataira.
No século XIX durante a invasión francesa hai un saqueo de igrexas. Tamén esixen gran e diñeiro. A creación do Concello Constitucional e o Partido Xudicial de Sarria no 1820 supoñen unha gran modificación do réxime administrativo.
La Desamortización de Mendizábal (1836 – 1837), na que se expropiaban bens eclesiásticos para emendar as arcas do Estados, traerá como consecuencia a desaparición da vida comunitaria no Mosteiro da Magdalena (a poxa de rendas e terras dos mosteiros, foron maioritariamente adquiridas pola burguesía emerxente).
As guerras carlistas tiveron unha forte incidencia na comarca de Sarria, xa que esta zona foi unha das que tivo presenza de partidas, en especial a do chamado «Souto de Remesar». Chegouse a declarar o estado de guerra en novembro do 1839. As guerras carlistas foron unha serie de contendas civís que tiveron lugar en España ao largo do século XIX. Aínda que a principal razón da loita foi a disputa polo trono (Fernando VII – Carlos María Isidro), tamén representaron o choque de ideoloxías políticas da época. Os carlistas – que loitaban baixo o lema Deus, Patria, Rei - encarnaron a oposición máis reaccionaria ao liberalismo, defendendo a monarquía tradicional absolutista, o catolicismo conservador e o foralismo. Xeográficamente, os seus partidarios predominaron na metade norte de España, especialmente no País Vasco e Navarra - os seus focos máis importante -, o norte de Cataluña e o Maestrazgo, entre Teruel e Castellón. Aínda que Sarria estaba fora do foco principal de incidencia, foi das zonas galegas con máis presenza carlista.
A apertura da estrada de Lugo a Valdeorras, cara o 1850, e a chegada do ferrocarril no 1880, supuxeron un gran impulso para o desenvolvemento da comarca, potenciando o comercio e a saída dos produtos naturais. A vila expándese pola veiga e nacen novos barrios (San Lázaro, A Estación, As Casetas...), nos que se asentas preferentemente xentes foráneas que establecen almacéns e pequenas industrias.
En 1896 instaláronse en Sarria os Padres Mercedarios os cales inauguraron as Escolas Públicas, doazón do filántropo sarriá don Matías López. A súa viúva Marquesa de Casa López, crea o Hospital Municipal, no Campo de Outeiro, inaugurado no 1909.
A actividade comercial e industrial da vila va en aumento, e a principios do século XX xa alcanzaba unha poboación de 1500 habitantes. Ábrense novas rúas e empézanse a exportar produtos, sobre todo os relacionados co gando (como carne e chourizos), e ca labor agricultura, (ca venda de patacas ou castañas). En 1915 chegará a electricidade a Sarria, e pouco despois a traída de augas.
Os períodos da Ditadura de Primo de Rivera e a II República traerán consigo o aumento de escolas, estradas e a urbanización da vila. Dicir que a Guerra Civil (1936 – 1939) tivo incidencias directas en Sarria xa que é a partir dos anos 40 cando hai un declive poboacional debido á migración de sarriáns a outros puntos do país. Mentres que a finais do século XIX e principios do XX América era o destino que máis frecuentaban, nos anos 50, países europeos coma Suíza ou Francia, ou territorios coma Catalunya ou Madrid, foron os novos fogares de moitos sarriáns que buscaron unha prosperidade económica.
A partir dos anos 60, a factoría de cementos de O Oural marcou o inicio dun proceso industrializador, apoiado na construción e na industria dos mobles, que xunto co regreso de emigrados fixo despegar a economía sarriana a partir dos 70 e 80, cun proceso do mesmo xeito de modernización do sector agrícola e gandeiro.
A posta en funcionamento de novos centros de ensinanza coma os Escolas Públicas en Sarria e Oural, o Colexio da Asunción ou ó da Merced, e os Institutos de Bacherelato e FP, xunto cas dotacións de Residencia de Anciáns e un Centro de Diminuídos Psíquicos, e equipamentos de ocio e deportivos, farán que Sarria creza e se converta, de novo, nese centro neurálxico e dinamizador de servizos.

 

Historia

Datos xerais.

As terras de Sarria estiveron poboadas desde tempos moi antigos, aínda que sexa difícil establecer cales foron os seus primeiros habitantes. Hai indicios de asentamentos polo menos desde a fase neo-eneolítica, como demostran os enterramentos megalíticos documentados. a maior parte das especulacións sobre os poboadores prerromanos da actual comarca de Sarria carecen de xustificación documental, aínda que se sabe que os “seburros” citados por Diego Pazos son os “seurri” dos que falaba Ptolomeo, quen os situaba ao sur de Lugo.

A aparición da cerámica sigilata e de moedas romanas, atopadas nos castros de Seteventos, Vilapedre e A Margarita en Samos, mostran a poboación castrense durante a romanización tardía do Noroeste peninsular. Da presenza romana nestas terras, tan próximas a Lucus Augusti e atravesadas pola vía que ía a Castro Dactonio ( Lemos), hai que destacar os restos de dúas vilas romanas en Vilar de Sarria e en Santo Antolín. Consérvase no Museo de Pontevedra unha estela funeraria procedente de Vilar de Sarria.

En épocas do alto medievo aparece ligado a estas terras o título de “Comes in Sarria” ou “Comes in Elarín”. Desde principios do século XII é citado como “Comes in Sarria” Rodericus Vélez, iniciador da triloxía de Condes de Sarria. Porén a gran historia deste municipio comeza coas primeiras peregrinacións a Santiago polo Camiño Francés. Tamén neste século, Gutierre Ruiz de Castro adquire o señorío de Lemos e Samos coa súa voda con Elvira Osorio, momento no que probablemente fundouse a fortaleza de Sarria, destruída en 1467 na “Revolta Irmandiña”.

A finais do século XII,Afonso IX funda Vilanova de Sarria, outórgalle o foro polo que ia rexerse como vila real e contribúe á repoboación das súas terras, nas que morrerá en 1230, vítima dunha grave enfermidade que lle sobrevén cando peregrinaba á tumba do Apóstolo para darlle as grazas pola reconquista da cidade de Mérida, en temos de Afonso X (1252 – 1284) aparece como señor de Lemos e Sarria Esteban Fernández de Castro, quen axudou na reconquista das cidades de Córdoba e Sevilla. Xunto con outras vilas reais Sarria tivo voto nas Cortes.

Na Alta Idade Media, a historia de Sarria vai paralela á casa de Lemos, desde que no século XV se lle concede a don Pedro Álvarez Osorio o título de Conde de Lemos con carácter hereditario. Desde entón a Casa de Lemos caracterizouse pola súa vinculación ao Mosteiro da Magdalena, realizando varias doazóns para o mesmo durante os primeiros anos do século XIX, a comarca de Sarria destacou por unha forte actividade carlista, chegando a declararse estado de guerra en novembro de 1839. A finais desta centuria, a vila experimentou un importante crecemento económico e urbanístico, baseado na posta en servizo do ferrocarril (1880) e na mellora xeneralizada das comunicacións, o que permitiu mellorar considerablemente a vida económica e comercial da contorna da comarca.

A vila expándese e nacen novos barrios (San Lázaro, A Estación, As Casetas) nos que se asentan persoas foráneas que establecen almacéns e pequenas industrias. En 1885, inaugúrase a nova igrexa de Santa Mariña. En 1896, instálanse en Sarria os Padres Mercedarios e inauguráronse as Escolas Públicas, doazón do filántropo sarriao don Matías López. A súa viúva, Marquesa de Casa López, crea o Hospital Municipal en Campo de Outeiro inaugurado en 1909. A actividade comercial e industrial vai en aumento e a principios do século XX xa alcanzaba unha poboación de 1500 habitantes. Abren novas rúas e a actividade exportadora (gando, cereais, castañas, patacas, xamóns, chourizos,...) fará que a riqueza vaia en aumento. En 1915, chega a electricidade e pouco máis tarde a traída de augas. Os períodos da Ditadura e a II República favorecen o aumento de estradas e escolas e a urbanización das principais rúas da vila.

A factoría de cementos do Oural sinala a partir dos anos 60 o comezo dun proceso industrializador apoiado na construción e na industria do moble, que xunto co regreso de emigrados en América e Europa, sinalaban o despegue económico, cun proceso paralelo ao de modernización do sector agrícola gandeiro. A posta en funcionamento de novos centros de ensino ( Colexios Públicos en Sarria e Oural, Colexio da Asunción, Colexio da Mercé, Institutos de Bacharelato e Formación Profesional), así como as dotacións da Residencia de Anciáns e Centro de Diminuídos Psíquicos, xunto con equipamento deportivo e de lecer, farán que a vila de Sarria se converta nun núcleo que irradia a súa influencia sobre unha ampla e rica comarca, constituíndo un centro de servizos dinámico e con oferta moi diversificada.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language