Mellora da sinalización vial horizontal
O Concello de Sarria comezou hoxe os traballos de mellora da sinalización vial horizontal en máis de medio cento de rúas da vila, que incluirán o repintado das marcas na calzada e dos pasos de peóns, a sinalización das prazas de estacionamento reservadas para discapacitados, e a sinalización das zonas de carga e descarga, de ambulancias e para as paradas dos autobuses.