Sarria

The Escape Way Sarria

The escape Way Sarria

A partir do sábado 23 de outubro, as rúas do municipio de Sarria converteranse no escenario de Escape Room do Camiño de Santiago chamado “ The Escape Way-Sarria”.

VIVE O XOGO DO ESCAPISMO XACOBEO

Unha alternativa de lecer que permite coñecer a localidade a través dun xogo de enigmas e que estará dispoñible todos os días do ano de forma gratuíta.
Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Sarria para formar parte do “clube” dos municipios xacobeos cun “Escape Way”, parte da Asociación de Municipios del Camino de Santiago (AMCS) con financiamento do Ministerio de Cultura y Deporte, para dar a coñecer dunha forma diferente o Camiño de Santiago e atraer a mozos e mozas ao Itinerario Cultural Europeo.

Para gozar da experiencia en Sarria, os xogadores e xogadoras poden acudir á Oficina de Turismo, á sede xunto ao Concello da Policía Local, á Praza de Abastos, ou ao establecemento Peregrinoteca, sita en en a Rua Benigno Quiroga, para recoller a súa “credencial do escapista” que contén os datos necesarios para acceder ao xogo.

Os participantes en Sarria deberán resolver nove probas para alcanzar a reliquia de Santiago antes de que o faga a seita jacobista. Xógase a través dunha App pero é imprescindible estar no municipio porque os elementos das súas rúas e edificios históricos forman parte imprescindible do xogo.

Estes xogos teñen elementos dos coñecidos como escape rooms, das yincanas tradicionais e tamén dos geocaching (procura de tesouros mediante GPS), ao final de todo Escape Way os usuarios deberán buscar algo escondido en cada municipio. Se o equipo xogador consegue resolver todos os enigmas, e achar a reliquia, pode volver á oficina de turismo para selar a súa credencial do escapista e coleccionar os selos dos diferentes xogos en municipios que logre finalizar. Un modelo que fai clara referencia aos peregrinos que coleccionan os selos das etapas do Camiño ata chegar a Santiago.

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language