Concurso de desfile de comparsas e carrozas
Programa coas actividades do Entroido 2023:
Venres 10 de febreiro:
- Comezo do ciclo de cine infantil na Casa da Cultura, coa proxección da película Tiara y el sapo, ás 17.30 horas. Asistencia gratuíta e sen necesidade de reservar entrada
Venres 17 de febreiro:
- Proxección da película Río, na Casa da Cultura, ás 17.30 horas. Asistencia gratuíta e sen necesidade de reservar entrada
Domingo 19 de febreiro:
- O concurso do desfile de comparsas e carrozas repartirá 6.050 en premios entre os participantes infantís e adultos que compitan nas categorías de carrozas, comparsas, tríos, dúos ou individual. Para inscribirse, é preciso presentar no rexistro municipal ou enviar ao enderezo electrónico
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o impreso que se facilitará no concello ou que se pode descargar desde a páxina web.
Luns 20 de febreiro:
- Obradoiro de elaboración de máscaras para nenos/as de 3 a 12 anos, desde as 10.00 ata as 12.00 horas na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar. Inscrición previa no teléfono 982 53 07 23.
- Baile infantil do Entroido da sociedade La Unión, entre as 17.30 e as 20.30 horas, organizado coa colaboración do concello e de asistencia libre e gratuíta.
Martes 21 de febreiro:
- Obradoiro de elaboración de máscaras para nenos/as de 3 a 12 anos, desde as 10.00 ata as 12.00 horas na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar. Inscrición previa no teléfono 982 53 07 23.
- Festa infantil con agasallos para nenos/as de 3 a 12 anos, desde as 12.00 ata as 14.00 horas na Biblioteca P. M. Camilo Gonsar.
Venres 24 de febreiro:
- Proxección da película Encanto, na Casa da Cultura, ás 17.30 horas. Asistencia