Sarria

700 estudantes celebran o Día da Poesía en Sarria

A Praza da Vila de Sarria acolleu esta mañá un multitudinario evento de celebración do Día da Poesía, que xuntou a máis de 700 alumnos/as da comarca para lembrar ao poeta da Terra Chá Manuel María. 

O evento, organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Gregorio Fernández coa colaboración do Concello de Sarria, reuniu a estudantes de 13 centros educativos: IES Gregorio Fernández, EEI Xela Arias, CEIP Antonio Fernández López (Oural), CEIP Eduardo Cela (Triacastela), CEIP Frei Luís de Granada, CEIP do Páramo, CEIP Ricardo Gasset (O Incio), CEIP de Samos, CEIP San Miguel (Paradela), CPR A Asunción, CPR A Merced, CPI Ramón Piñeiro (A Pobra de San Xillao) e IES Xograr Afonso Gómez.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language