Sarria

XXVI Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro 2023.

Horario de apertura de 11:00h a 14:30 e de 16:00 a 20:30h

A Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro é un evento consistente nun mercado urbano o cal engloba coleccionismo e antigüidades. Nel pódense atopar obxectos de todo tipo, pezas de colección, antigüidades, xoias, libros, discos, mobles de diversos estilos, obxectos etnográficos, arte e  variados obxectos de decoración. A oferta amplíase con actividades culturais, artísticas e folclóricas; exposicións e outras actividades de ocio como demostracións de artesanía e gastronomía.

O recinto feiral localízase na Rúa do Porvir e Rúa Marqués de Ugena,  próximo ao casco histórico de Sarria e o paso do Camiño Francés.

Exposición de bonsais - Asociación El Serbal.
Demostración e exposición de cerámica  a cargo do maestro ceramista Manuel Fernández López “Lolo”.
Obradoiros de cerámica para nenos e nenas.


Exposición e demostración de talla en madeira da Asociación SARRICANTA.
Sábado 29 e domingo 30 de abril.

 

Casa da Cultura.
Exposición e demostración de Costura Creativa – Aurora Rodil
Exposición e demostración de bolillos da Asociación de Palilleiras do Camiño de Santiago.


O sábado 29 de abril.

Ás 12:00h: Clarisaxos da ESMUSA e a Coral Polifónica do Concello de Sarria inaugurarán a Feira interpretando o Himno Oficial do Concello de Sarria, 
Música: E. García Rey.
Letra: Carmela González de L.Vizcaíno
Arranxo: Manuel Montero López

Ás 18:00h actuación da Asociación Meigas e Trasgos.

O domingo 30 de abril.

Clásicos de Sarria. I rally de regularidade Vila de Sarria 2023. https://clubclasicossarria.com
Ás 17:00h Presentación do libro "Breicar en el Camino de Santiago". Autora: Mireia López Díaz. Firma de exemplares.

Concerto de presentación da II edición do Festival Sarria Blues no Camiño "Andhrea & the Black Cats". https://sarriabluesnocamino.es/es/

 

O luns 1 de maio ás 18:00h actuación da Asociación Peleriños.

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language