Sarria

A exposición "Berces de vida" chega a Sarria o día 6 de setembro

A Oficina Municipal de Turismo de Sarria (Antiga Prisión Preventiva) acollerá entre os días 6 de setembro e 6 de outubro a exposición “Berces de vida. De paseo polos bosques de España”, organizada por Afundación, Obra Social de ABANCA.

Esta mostra, comisariada polo dúas veces gañador do Premio Nacional de Medio Ambiente, Joaquín Araújo, poderase visitar de luns a venres en horario de 9.15 a 14.00 horas e será de acceso gratuíto, se ben forma parte da iniciativa “Cultura por alimentos” e os visitantes están convidados a doar alimentos cando a visiten. Para acudir noutros horarios será preciso consultar nos teléfonos 982 530 068 ou 982 535 000.

A exposición convida a pasear polos bosques de España, ao tempo que pon en valor a súa beleza e a súa relevancia na sustentabilidade da vida, presente e futura.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language