Sarria

"Educando sen Fronteiras" da Área de Políticas Sociais do Concello de Sarria contará cun educador social.

O programa "Educando sen Fronteiras" promovido pola concelleira delegada das áreas de Políticas Sociais e Igualdade do Concello de Sarria contará cun educador social ao obter unha subvención ao amparo das convocatorias para  entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social  da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, cofinanciada pola UNión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.

 As contías son  de 42.312,00€  para o ano 2024  e de 11.643,76 €  para o ano 2025, contías que non chegan para sufragar o custo do servizo. A diferenza será asumida polo Concello.


Iniciase o procedemento de selección  e contratación  para  incorporar  este profesional,  moi demandado nos consellos escolares e  considerado de vital importancia por todos os centros educativos.


Os cambios nas demandas sociais, profesionais e persoais, fixeron patente a necesidade dunha educación orientada a mellorar as situacións sociais  destinadas aos alumnos, ás súas familias e ás súas comunidades.  

A Concellería da área confirma que o educador social traballará nunha oficina nas instalacións municipais situadas no  CEIP Frei Luis de Granada sen prexuizo de que desenvolva o seu traballo no resto dos centros educativos públicos do municipio: EEII Xela Arias; IES Gregorio Fernandez; IES Xograr Afonso Gómez  e CEIP  Antonio Fernandez López  de Oural.

O educador  social realizará a función  de mediación social, cultural e educativa, coa intención de facilitar as relacións interpersoais, minimizar as situacións de conflito e propiciar novos itinerarios para o desenvolvemento persoal, social e cultural, marcando como obxectivos a  integración e a convivencia, non só cos alumnos, senón tamén cos familiares e a súa contorna.

En concreto :

• A detección e prevención de factores de risco que poidan derivar en situacións educativas desfavorables.

• Detección de necesidades sociais e previr desaxustes socio-familiares que poidan afectar negativamente o proceso educativo do alumnado.
•  Promoción da Inclusión: garantir que todas as persoas, independentemente das súas circunstancias, teñan igualdade de oportunidades.

Coa integración desta figura dentro do municipio dáse cobertura a unha praza solicitada durante anos, básica en contextos sociais, familiares e educativos, a cal xa estaba presente no 90% dos  concellos de igual envergadura.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language