Sarria

23 Marzo de 2024. Hora do planeta (20:30 a 21:30h)

Sarria súmase á hora do planeta.

A Hora do Planeta é un movemento global que percorre o mundo un día ao ano para lembrar que a natureza é o sistema de soporte vital do planeta e que vivimos nun estado de emerxencia planetaria ao que debemos dar solución todas as persoas en conxunto.

Naceu en 2007 como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo e simbólico xesto que consiste en apagar as luces de edificios e monumentos durante unha hora.

Ano tras ano foise convertendo na maior mobilización global en defensa do medio ambiente,. Unha vez ao ano, millóns de persoas de todo o planeta, países, cidades e centos de empresas únense para loitar cun obxectivo común: frear o cambio climático e a perda de biodiversidade.

Ata 200 países participan cada ano apagando máis de 17 000 monumentos tan emblemáticos como a Torre Eiffel ou o Coliseo. 

En España, o número de municipios rexistrados non deixa de subir edición tras edición. En 2023 superamos os 500 municipios participantes que apagaron a luz de monumentos.

Sarria únese outro ano a este movemento apagando as luces de algúns dos nosos monumentos e espazos públicos.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language