Obras no parque infantil do Chanto
Comezaron as obras de reforma e mellora do parque infantil do Chanto.
As obras, cuxa execución durará 15 días, teñen un custo de trinta e cinco mil euros, sufraxados nun 20% pola área de Medio Ambiente do Concello de Sarria en un 80% pola Xunta de Galicia a través dunha subvención para a creación e/o mellora das infraestructuras, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación dos servizos municipais.
Ademais de colocar caucho nunha superficie de 105 metros cuadrados, instalaranse un carrusel inclusivo, un balancín e dous randeeiras novas.
Os peques gozarán tamén dun novo areeiro.