Nadal 2024
O Nadal está a piques de comezar e o concello programou actividades culturais e deportivas, concursos e espectáculos para todas os gustos e idades.
O concello anímavos a gozar do “Nadal en Sarria”. O centro das celebracións será a Praza dá Vila, aínda que non o único: a Casa da Cultura, a Antiga Prisión Preventiva, sede da oficina de Información Turística, e as rúas da vila serán escenario do Nadal.
A estrela das festas do Nadal será sen dúbida a pista de xeo, que fará as delicias de nenos e maiores entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro. O acceso será mediante ticket que será entregado de forma gratuíta por todos os comercios locais que se apuntaron á iniciativa e a cambio de compras efectuadas no Mercado de Nadal, instalado tamén na Praza dá Vila.
Entre o 15 e o 30 de decembro están abertos os concursos de fotografía, decoración interior e exterior, bólas e postais de nadal, microrelatos e sobremesas de nadal.
Desde o 19 de decembro podedes visitarnos na oficina e disfrutar da exposición de Beléns que organizamos, todos eles de veciños e veciñas gañadores en anteriores edicións de concursos de decoración e que os instalaron de forma desinteresada e altruísta.
Teremos tres cabalgatas: a primeira o 21 de decembro, organizada por Sarria Bikers, a MOTONOELADA; a segunda, o 23, organizada por Club Clásicos Sarria e o concello, a Cabalgata de Papá Noel e, como non, a tradicional Cabalgata de Reyes do 5 de xaneiro.
Teremos música, con concertos da Escola Municipal de Música os días 18, 19 e 20 na Casa da Cultura; Sarricanta o 20 na Unión; Carmela o 21 na Palleira de Manán; Soundsisters na Praza dá Vila o 22; Concerto de Nadal coa Banda de Música de Sarria o 29 na Igrexa do Rosario; Cantos de Reis coa AC Peleriños o 3 na Praza dá Vila e Concerto da Banda de Música da Comarca de Sarria o día 5 na Praza dá Vila.
Teremos teatro e cinema infantil na Casa da Cultura os días 21, 26, 27 e 29 de decembro.
O nadal desprázase aos nosos pobos na primeira edición do Festival en Conto de Nadal polo Rural: os peques de Manán, Vilapedre, Oural, Ortoá e Vilamaior recibirán a visita de Noelia Porto.
A tradicional gala de maxia de Nadal con Roberto Lolo será o sábado 28 na Casa da Cultura.
E non nos podemos esquecer da Milla Urbana de Sarria, que se celebrará, como é costume, o 31 de decembro, de do resto de actividades deportivas organizadas polos clubes e asociacións deportivas da vila que teremos en Sarria polo Nadal.