XVII FESTA DO COCIDO DO PORCO CELTA

O 15 de febreiro celebraremos no Campo da Feira a XVII edición da festa do Cocido do Porco Celta, a festa gastronómica sarriá na que os trece comensais de cada mesa compartirán menú de sopa e un completo cocido de porco celta con chourizos, lacón, soá e butelo, grelos, patacas e garavanzos. Non faltarán tampouco o queixo con marmelo e o café de pucheiro.
A pregoeira deste ano será a profesora e catedrática da USC Rosaura Leis e animará o evento un grupo da Asociación Cultural sarriá Peleriños.
Ademáis da festa no Campo da Feira, para a que podedes chamar ao 982 535000, pódese reservar mesa nos establecementos colaboradores, que este ano ata agora son on restaurantes Cinza e Lume (609 126992) e Roma (982 532211). ou degustar tapas na cervecería Don Pepe (Rúa da Liberdade 126) ou en taberna D'Orixe (Rúa da Liberdade 165).
Aproveitamos a ocasión para convidar a todos os establecementos que queran unirse á festa gastronómica sarriá.
Podedes chamar ao concello ao 982 535000.
Bo proveito!