Sarria

8 de marzo, Día Internacional da Muller

O Concello de Sarria, desde as concellerías de Igualdade, Cultura e  Deportes, co fin de conmemorar o Día Internacional da Muller (8-M), contará cunha fin de semana cargada de actividades para todos os públicos.

 

Ademáis da lectura do manifesto este venres 7 na Casa do Concello ás 13:30 horas, o mesmo venres desde as 20:00 horas terá lugar na Casa da Cultura a presentación do poemario AMOR(EXIA), de María Barrado García .

 


O sábado 8 será a Carreira da Muller, que sairá ás 18:00 horas de Catro Camiños. Lembrade recoller os dorsais no Paseo do Malecón.

 

O domingo 9 é o turno da música: ás 13:00 horas a Banda de Música da Comarca de Sarria deleitaranos cun concerto adicado ás mulleres, na Casa da Cultura.

 

0703

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language