Apoio do Concello de Sarria ao pobo palestino

Desde o Concello de Sarria reiteramos o noso apoio ao pobo palestino, tal e como xa fixemos coa colocación dunha bandeira na fachada do consistorio e a aprobación, xa no pleno de maio, da adhesión ao manifesto de Amnistía Internacional.
Condenamos o xenocidio en Gaza,e apelamos hoxe a un comportamento cívico e responsable durante o paso de La Vuelta polo noso municipio para garantir a seguridade de todos os ciclistas do pelotón.
Sarria con Palestina.