Sementa, Florece e Plántate contra a Violencia de Xénero. 25N
Este ano celebraremos o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, baixo o lema "Sementa, Florece e Plántate contra a Violencia de Xénero" e convidamosvos a todas e todos á lectura do manifesto na Praza da Constitución, diante do Concello, ás 13:30 horas do día 25 de novembro.
Ademáis, o Concello de Sarria presenta o programa de actividades dirixidas ao alumnado dos centros educativos do Concello de Sarria con motivo da celebración do 25N.
Baixo o lema “Sementa, florece e plántate contra a VX”, a Concellería de Igualdade incide na necesidade de sementar contra a violencia de xénero como representación da educación, da toma de conciencia e a difusión de valores de igualdade para combater as raíces da violencia machista desde a infancia.
PROGRAMACIÓN:
- “Taller cociñando valores de igualdade”, a cargo de Javier Carrión.
· Martes, 11/11/2025, CPR Plurilingüe A Mercé e EEI Xela Arias
· Mércores, 12/11/2025, CEIP Frei Luís de Granada
· Xoves, 13/11/2025, CEIP Antonio Fernández López (Oural) e CPR Plurilingüe Nosa Sra da Asunción
- Obra de teatro “Expectativa vs Realidade”, a cargo da compañía teatral Trémola Teatro.
· Luns, 17/11/2025 (2 sesións): no Salón de actos do IES Xograr Afonso Gómez co alumnado dos IES Xograr e Gregorio Fernández e na Casa da Cultura, co alumnado dos CPR Plurilingüe Nosa Sra da Asunción e A Mercè
- Charla a cargo dunha especialista en violencia de xénero.
· Mércores, 19/11/2025 (2 sesións): no IES Gregorio Fernández e na Casa da Cultura co alumnado dos CPR Plurilingüe A Mercé e Nosa Sra da Asunción
- Manifesto en conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
· Martes, 25/11/2025, Concello de Sarria ás 13:30h,
- Encontro-debate "Hai saída grazas a ti", coordinado por unha especialista en Igualdade.
· Mércores, 26/11/2025, IES Gregorio Fernández.
- Contacontos Infantil en conmemoración do 25N “ Arturo y Clementina “ libro de Adela Turin , a cargo de Yolanda Álvarez Castro, coordinadora do club de lectura, coa colaboración da Concellería de Cultura
· Venres, 28/11/2025 as 18 h – Biblioteca Camilo Gonsar

