Nadal na ESMUSA
Como xa é tradicional a Escola Municipal de Música de Sarria celebra o Nadal amosándonos os progresos dos alumnos.
Este ano, ademáis dos tradicionais concertos na Casa da Cultura, a Mini Banda e o coro de Linguaxe Musical da Escola visitarán aos nosos maiores na Residencia Nosa Señora do CArmen o día 15 e aos nosos veciños do CAPD o 16.
Xa aberta a todos e na Casa da Cultura Os Petapouco , o Grupo de Música e Movemento a Mini Banda e o Coro actuarán o mércores 17 ás 19:00 horas e Os Clarisaxos e o Grupo de Vento Metal o venres 19 á mesma hora.
Bo e Musical Nadal!

