Sarria

Sarria condena e repulsa o crime machista de Mos

 

Desde o equipo de goberno do Concello de Sarria e, en especial, desde a súa Concellería de Igualdade, queremos expresar a nosa máis firme repulsa e condena polo crime machista de Mos.


Trasladamos as nosas condolencias, solidariedade e apoio á familia e as persoas achegadas á vítima. Reivindicamos o noso compromiso na loita contra a violencia de xénero e pedimos a toda a sociedade que se involucre nesta batalla, reiterando a importancia e a necesidade de denunciar:

  •  A través dos teléfonos 016 e 881 995 286,
  •  A través do Centro de Información á Muller do Concello (982 535 000)
  • A través da Garda Civil (062), Policía Local (982 530 850), Policía Nacional (091) ou do teléfono de emerxencias 112.
  •  A través da aplicación ALERTCOPS, desde a que se envía unha sinal de alerta ás FCSE con xeolocalización.


Hoxe máis que nunca convidamos a sementar conciencia activa na procura do cambio, da acción e da resistencia fronte a esta problemática social!

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language