Día Internacional da Muller
Durante este fin de semana Sarria celebrará o Día Internacional da Muller con actividades diversas, desde presentacións de libros e concertos á tradicional carreira da Muller o propio día 8.
En homenaxe a todas as mulleres que loitan e loitaron pola igualdade e esperando que a reivindicación sexa innecesaria en breve, animádevos a participar!

