XXIX Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro
Dende o venres 1 ata o domingo 3 de maio celebrarase na Rúa do Porvir a XXIX edición da Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro na Rúa do Porvir.
Este ano, como novidade e por primeira vez en estos vinte e nove anos, a Feira é organizada pola Asociación de Anticuarios e Restauradores San Lázaro coa colaboración do Concello de Sarria (principal) e Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Artesanía de Galicia.
A Asociación "El Serbal" organiza tamén coincidindo coa feira a exposición e talleres de bonsái, cerámica e rakú. A mostra estará aberta de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

