Sarria

10 Edición Slalom Concello de Sarria

A X  Edición do SLALOM CONCELLO DE SARRIA XA ESTÁ AQUÍ.

​Este sábado 13 de xuño, o asfalto do núcleo urbano e o recinto feiral de Sarria volve vibrar co mellor automobilismo galego.

Celebramos por todo o alto a X edición do Slalom Concello de Sarria 2026, proba puntuable para o Campionato de Galicia.

​Organizado pola Escudería Sarria Motor co apoio da Concello de Sarria, agárdanos unha xornada chea de emoción, derrapes e moito talento ao volante.

Horarios clave do sábado 13 de xuño:
​* 10:45 h: Saída 1º participante nas mangas de adestramentos.
​* 16:30 h: Comezo das mangas oficiais (onde se xogan os tempos!).

​* 21:45 h: Entrega de premios no Parque Pechado.

​O Concelleiro Félix Seijas lémbranos que podemos gozar do motor ao  máximo, pero que o máis importante é a seguridade.

Respectade sempre as indicacións dos comisarios, as zonas acoutadas de público e as normas da Policía Local para que volva ser un éxito rotundo.

​Ven apoiar aos pilotos locais e vive a adrenalina en directo! Deixamos os motores quentar... ¡Vémonos no campo da feira!

Sin-ttulo2
Sin-ttulo

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language