Sarria

XXI Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

Sarria volverá ser o corazón da maxia durante os próximos catro días

 

Do 20 ao 23 de agosto, chega o XXI Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria - "Maxia no Camiño", unha cita única que durante catro días encherá a vila de ilusión, sorpresa e espectáculo.
 Un impresionante elenco de magos e magas nacionais e internacionais protagonizará unha programación con galas, maxia de preto, espectáculos de rúa e propostas para público intantil, familiar e adulto.
E detrás desta gran cita está, un ano máis, o traballo e a paixón do Gran Roberto Lolo, director, produtor e alma dun festival que leva 21 edicións facendo de Sarria un referente da maxia, unha traxectoria que merece todo o recoñecemento pola súa constancia e polo seu compromiso coa cultura e coa nosa vila.
17 20, 21, 22 e 23 de agosto: diferentes espazos de Sarria; catro días; decenas de espectáculos.

 

Unha vila enteira entregada a maxia.
Esta semana, Sarria é maxia. Non volo perdades!

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language